Mari (deusa)

Mari
Deusa principal da mitoloxía vasca.
Ilustración representando a deusa Mari, segundo unha intelixencia artificial.
Outros nomesMaddi
MonteAnboto
XéneroFeminino
RexiónPaís Vasco
Grupo étnicovascos
Información persoal
ConsorteSugaar
FillosMikelats e Atarrabi
Representación de Mari.

Mari, ou Maddi, é a deusa principal da mitoloxía vasca precristiá.[1] É unha divindade feminina que habita en todos os cumes das montañas vascas, recibindo un nome por cada montaña (ademais de ser relacionada e ás veces confundida con Amalur). A máis importante das súas moradas é a cova da cara leste do monte Anboto, á que se coñece como «Cova de Mari» («Mariren Koba» ou «Mariurrika Kobea»), que atribúe a Mari o nome de «Mari de Anboto» ou «Dama de Anboto» («Anbotoko Dama»).[2] Tamén existe na mitoloxía aragonesa baixo o nome de Mariuena.

  1. Ortiz Oses, Andrés (2007). Kutxa Fundazioa = Fundación Kutxa, ed. "Euskal mitologia : izena duen guztia omen da = Mitología vasca : todo lo que tiene nombre es" (2. ed ed.). pp. 168–169. ISBN 8471734885. Consultado o 2023-03-20. 
  2. Satrústegui, José María (1975). "La leyenda del dragón en las tradiciones de Urdiain". Cuadernos de etnología y etnografía de Navarra. pp. 13–30. ISSN 0590-1871. Consultado o 2023-03-20. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search